lunes, 21 de diciembre de 2009

BO NADAL!!!


E xa estamos de vacacións, retomaremos o obradoiro na segunda semana de Xaneiro.

Así que pasadeo ben, disfrutade das reunións familiares e non abusedes das comilonas, esto dígomo a min mesma tamén, que logo non caberemos na roupa.

Tamén desexo que vos toque a lotaría e se non é así que teñades boa saúde para seguir vindo ao Obradoiro e mais para seguir disfrutando da vida, e que o ano próximo, ¡¡¡2010!!! veña cargadiño de ilusións.

Bicos para todas.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

O Conto da Ita (verídico)


Hoxe, antes que nada, teño que falar dunha nova alumna.

Chámase Petra, empezou un pouco mais tarde, pero non é nova nesta actividade, porque xa veu ao obradoiro hai dous anos, cando fixen as prácticas. Non é galega, pero como está casada con un galego de Petín e ademais vive aquí, entende perfectamente o Galego inda que non o fale. Tamén e certo que nas actividades que facemos as veces fálase o Galego e outras non, depende da persoa que fala.

Como digo, hoxe foi moi divertido, entre outros exercicios, propúxenlles o de inventar unha historia entre todas. Eu empecei a historia e despois cada unha ía engadindo cousas ata completala, pero isto non tivo moito éxito xa que lles resulta difícil imaxinar situacións e prefiren contar unha historia enteira, cada unha a súa. Así que contáronse varias historias.

Primeiro contou a Ita un caso que lle aconteceu recén chegada a París alá polo ano 1963. Ela era moi noviña, tiña uns 16 anos e estaba traballando nunha casa na que a filla da patrona era da mesma idade que ela.

Os fins de semana ían para unha casa que tiñan nas aforas, alí seica lle chamaban "na campiña". A filla da patrona quería sair coas súas amigas pola noite e claro o pai non a deixaba porque logo tiña que voltar soa e a casa estaba moi apartada, así que a nai díxolle que si á Sophie (Ita, que en realidade chámase Sofía) non lle importaba acompañala, as dúas irían a buscala ata o pobo. A Ita dixo que si, de xeito que cando foi a hora, ela mais a patrona marcharon buscar a filla, e cando ían polo camiño pasou un coche que ao velas deu marcha atrás para acercarse, a Ita que é moi medosa, cando viu que o coche viña cara elas, deixou soa a patrona e botou a correr cara a casa que ata perdeu os zapatos.

Despois todos se riron dela porque o do coche era o outro fillo da patrona que ao recoñecelas dera a volta para levalas.

Pero a Ita tanto medo tiña de que a levasen ou eu que sei, que alá deixou a patrona, se ían levar a alguén que levaran a vella, ou como se soe dicir "sálvese quien pueda".

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Mousse de queixo



O pasado mercores, como xa vos contei mandeilles traer escrita unha receita, e cada unha trouxo a que lle pareceu, pero agora pedíronme que llas escriba todas no ordenador e lles faga copias, así que hoxe puxéronme os deberes elas a min, e como as teño aiquí na miña mesa e estounas a copiar, vouvos poñer algunha ben riquiña para que vos animedes e a fagades.

Por exemplo teño diante a receita da "Mousse de queixo"


Ingredientes:

1 litro de nata líquida

8 quesitos "el caserío"

1 tarrina de "Philadelphia"

4 cucharados soperas de azucar.

Elaboración:

Poñemos nun pucheiro no fogo todos os ingredientes e cando empece a ferver retiramos. Pasámolo ben ca batedoira ata que este ben desfeitiño e sen grumos, logo repartímolo en copas ou tazas, e metémolo na nevera para que enfríe ben.

Esta é sencilliña pero seica está boísima.

A verdade é que este "Obradoiro de memoria" estame resultando moi gratificante, xa me pasou a vez anterior cando o fixen a modo de prácticas da UNED, porque vexo que as participantes poñen interés no que facemos e disfrutan facendo, e isto é o meu principal obxetivo.

martes, 17 de noviembre de 2009

Unha paréntese neste blog.


Vou a colgar un post que está un pouco a marxe da finalidade coa que creei iste blog, e vouno facer para dar por rematada a polémica que xurdiu por causa dun anónimo ao que non lle gusta nin o que fago, nin o que penso, e por suposto nin as miñas ideas.


Paréceme ademais moi ben, porque se todos pensaramos igual o mundo sería moi aburrido, e xa sabemos que na variedade está o gusto.


Fuches ti, amigo "ojo que todo lo ve" o que viñeches aquí a descalificarme a min, acusándome de ter un traballo no "chiringuito do Quintana", nada mais lonxe da realidade.


Fuches ti o que pretendiches acusarme de ter feito críticas aos que están a traballar gracias ao enchufismo do psoe, digo pretendiches porque esa acusación non me afecta para nada, xa que non é algo que eu inventara, só tes que andar polas rúas e falar coa xente, de todos os xeitos, publicamente e a través do meu blog "mencía" só falei desto nun post que colguei despois de ver os resultados das eleccións, e foi unha especie de reflexión que fixen sobre eses resultados, coma moita xente o fixo, seguramente ti tamén.


En todo o que escribo vai sempre implícita a miña forma de pensar e de ver a vida; as veces critico cousas, outras utilizo un ton acedo ou sarcástico, pero ata o de agora xamais insultei a naide, porque non están os insultos na miña forma de proceder.


Fixeches varios comentarios insistindo en que eu, que polo visto tanto teño falado de que só traballan os enchufados, pois agora tamén estou enchufada, inda non sei onde, porque eu sígoche traballando na panadería como ben sabes. Pero tamén fago outras cousas a marxe do meu traballo como esta de escribir, porque me gusta, ou estudar na UNED, que me levou a prepara esta actividade de "Memoria e ..." que tamén a fago porque me encanta, etc.


O que ten que aprender varias leccións se cadra és ti, porque ti si que tes que crecer como persoa (isto dícesmo na última mensaxe recibida, que non vou deixar sair), xa que fuches ti, insisto, o que lanzaches o bulo de que eu estou enchufada non sei en que "chiringuito", e de paso faltaches ao respeto non so a min senon a mais xente que se pode ver salpicada por iste asunto, e sobre todo necesitas crecer e aprender a decir as cousas sen insultar e asumindo o que dis, refírome ao de agocharse no anonimato.


Teríamos falado moito, e exposto mellor os nosos puntos de vista se houbeses actuado de cara, sen esconderte. Cando un se agocha e non da a cara é porque fai as cousas con malas intencións.


Sinto moito non poder ter falado contigo doutro xeito, e sobre todo sinto haber tido que moderar os comentarios, en fin, persoas malintencionadas sempre as houbo e as haberá, pero eu sempre me sorprendo cando me topo con algunha.


E agora si, dou por finalizado o tema.

viernes, 13 de noviembre de 2009

Receitas de cociña


O Mércores pasado propúxenlles unha actividade para facer na casa, tratábase de traer escrita unha receita de cociña, cos seus ingredientes, e o xeito de facela.

Estivo ben a cousa, porque unha delas, a Blanquita traía a receita do "Brazo de gitano" pero a parte de traela escrita e moi ben detalladiña, traía o doce feito e non quedou mais remedio que comelo xunto cun cafeciño que nos serviu o Pepe moi amablemente. Estaba boísimo e xa quedamos para outro dia facer unha festiña destas de comer.

E como non se pode dar puntada sen fío, despois pedínlle que cada unha explicara a súa receita e tamén que explicaran a receita de outra, así, e de xeito divertido, traballamos a memoria inmediata.

Fixemos tamén outros exercicios que non detallarei, nos que traballamos a concentración e a orientación espacial.

Son sempre exercicios sinxelos, diseñados e pensados para facer coa xente maior.

miércoles, 28 de octubre de 2009

Os Mercores...¡ memoria !


Pois así é, empezamos o cursiño de memoria o Mercores pasado. Estivo ben inda que por ser o primeiro día a cousa foi mais que nada de presentación.

Hai que dicir que de momento so veñen as mulleres, isto pasa a miudo en calquera actividade que se propón, o xénero masculino participa moi pouco.

Vounas nombrar a todas porque logo din que a que non teño memoria son eu.

Emilia, Carmen, Mercedes, Emma (a dire), Maribel, Ita, Carmiña, Josefa, Inés, Conchita, Balbina, Elisa, Sira, Blanquita, Rosita, Felisa, Quinita, Gelines, creo que non falta nin gunha. Elas han ser todo o tempo as protagonistas deste blog.

Hoxe tiñan que contar unha historia cada unha, podía ser unha cousa que lles había pasado, ou un chiste, ou mesmo unha historia inventada.

Díxenlles que a trouxeran pensada para contala na clase e despois traballar coas historias contadas.

Houbo de todo, chistes verdes, contos típicos que cando se contan sempre se dí que lle pasou a un coñecido, pero tamén houbo historias verídicas e por certo ben fermosas, como a que contou Rosita. Vouna contar porque me gustou moito.

Empezou explicando que cando ela era rapazam marchou a Madrid a facer "corte e confección", que por aquel entonces era o úneco que podían facer as mulleres. Alí estaba nunha academia rexentada por un matrimonio que un deles era galego. O matrimonio tivo un meniño e quixeron que a Rosita lle fora de madriña porque seica lle tiñan moito aprecio. Con tal motivo fixeron unha foto con todas as rapazas da academia e mais os donos e o meniño, e claro despois a foto ensináronlla aos seus parentes entre eles un primo de Galicia que cando viu a foto deseguida lle pediu a dirección da rapaza aquela (a Rosita) e empezoulle a escribir de tal xeito que ela tamén lle contestaba e así estiveron tres anos. Non se coñecían en persoa pero namoráronse perdidamente, tanto que un bo dia él presentouse en Madrid para vela e aos dous meses casáronse. Estiveron casados sesenta anos, agora Moncho faleceu, pero Rosita conta a historia con grande ilusión.

Tamén estivo moi ben a historia de María, outro día a contarei.


Os Mercores memoria!

jueves, 15 de octubre de 2009

Empeza o curso

Pois si, empeza o curso tamén no Centro Sociocomunitario de Petín e
unha das actividades que comenza, é un "Taller de memoria e motricidade para os maiores".
Esta actividade terá lugar os mercores as catro da tarde.
Tamén haberá bolillos este ano, como non.
Outra actividede moi interesante e sobre todo moi divertida é o cachimbol, que xa se fixo o ano pasado e continuarase a facer xa que tivo moita aceptación.
Colgaremos a miudo cousiñas para contar o que facemos e as anécdotas que xurden cada día. Tamén colgaremos fotos, por suposto.
Pódense facer comentarios e tamén dar ideas.