miércoles, 28 de octubre de 2009

Os Mercores...¡ memoria !


Pois así é, empezamos o cursiño de memoria o Mercores pasado. Estivo ben inda que por ser o primeiro día a cousa foi mais que nada de presentación.

Hai que dicir que de momento so veñen as mulleres, isto pasa a miudo en calquera actividade que se propón, o xénero masculino participa moi pouco.

Vounas nombrar a todas porque logo din que a que non teño memoria son eu.

Emilia, Carmen, Mercedes, Emma (a dire), Maribel, Ita, Carmiña, Josefa, Inés, Conchita, Balbina, Elisa, Sira, Blanquita, Rosita, Felisa, Quinita, Gelines, creo que non falta nin gunha. Elas han ser todo o tempo as protagonistas deste blog.

Hoxe tiñan que contar unha historia cada unha, podía ser unha cousa que lles había pasado, ou un chiste, ou mesmo unha historia inventada.

Díxenlles que a trouxeran pensada para contala na clase e despois traballar coas historias contadas.

Houbo de todo, chistes verdes, contos típicos que cando se contan sempre se dí que lle pasou a un coñecido, pero tamén houbo historias verídicas e por certo ben fermosas, como a que contou Rosita. Vouna contar porque me gustou moito.

Empezou explicando que cando ela era rapazam marchou a Madrid a facer "corte e confección", que por aquel entonces era o úneco que podían facer as mulleres. Alí estaba nunha academia rexentada por un matrimonio que un deles era galego. O matrimonio tivo un meniño e quixeron que a Rosita lle fora de madriña porque seica lle tiñan moito aprecio. Con tal motivo fixeron unha foto con todas as rapazas da academia e mais os donos e o meniño, e claro despois a foto ensináronlla aos seus parentes entre eles un primo de Galicia que cando viu a foto deseguida lle pediu a dirección da rapaza aquela (a Rosita) e empezoulle a escribir de tal xeito que ela tamén lle contestaba e así estiveron tres anos. Non se coñecían en persoa pero namoráronse perdidamente, tanto que un bo dia él presentouse en Madrid para vela e aos dous meses casáronse. Estiveron casados sesenta anos, agora Moncho faleceu, pero Rosita conta a historia con grande ilusión.

Tamén estivo moi ben a historia de María, outro día a contarei.


Os Mercores memoria!

jueves, 15 de octubre de 2009

Empeza o curso

Pois si, empeza o curso tamén no Centro Sociocomunitario de Petín e
unha das actividades que comenza, é un "Taller de memoria e motricidade para os maiores".
Esta actividade terá lugar os mercores as catro da tarde.
Tamén haberá bolillos este ano, como non.
Outra actividede moi interesante e sobre todo moi divertida é o cachimbol, que xa se fixo o ano pasado e continuarase a facer xa que tivo moita aceptación.
Colgaremos a miudo cousiñas para contar o que facemos e as anécdotas que xurden cada día. Tamén colgaremos fotos, por suposto.
Pódense facer comentarios e tamén dar ideas.