Pois si, empeza o curso tamén no Centro Sociocomunitario de Petín e
unha das actividades que comenza, é un "Taller de memoria e motricidade para os maiores".Esta actividade terá lugar os mercores as catro da tarde.
Tamén haberá bolillos este ano, como non.
Outra actividede moi interesante e sobre todo moi divertida é o cachimbol, que xa se fixo o ano pasado e continuarase a facer xa que tivo moita aceptación.
Colgaremos a miudo cousiñas para contar o que facemos e as anécdotas que xurden cada día. Tamén colgaremos fotos, por suposto.
Pódense facer comentarios e tamén dar ideas.
1 comentario:
Pois xa está, o blog en marcha e habilitado o sitio dos comentarios.
Apertas
Publicar un comentario