miércoles, 28 de octubre de 2009

Os Mercores...¡ memoria !


Pois así é, empezamos o cursiño de memoria o Mercores pasado. Estivo ben inda que por ser o primeiro día a cousa foi mais que nada de presentación.

Hai que dicir que de momento so veñen as mulleres, isto pasa a miudo en calquera actividade que se propón, o xénero masculino participa moi pouco.

Vounas nombrar a todas porque logo din que a que non teño memoria son eu.

Emilia, Carmen, Mercedes, Emma (a dire), Maribel, Ita, Carmiña, Josefa, Inés, Conchita, Balbina, Elisa, Sira, Blanquita, Rosita, Felisa, Quinita, Gelines, creo que non falta nin gunha. Elas han ser todo o tempo as protagonistas deste blog.

Hoxe tiñan que contar unha historia cada unha, podía ser unha cousa que lles había pasado, ou un chiste, ou mesmo unha historia inventada.

Díxenlles que a trouxeran pensada para contala na clase e despois traballar coas historias contadas.

Houbo de todo, chistes verdes, contos típicos que cando se contan sempre se dí que lle pasou a un coñecido, pero tamén houbo historias verídicas e por certo ben fermosas, como a que contou Rosita. Vouna contar porque me gustou moito.

Empezou explicando que cando ela era rapazam marchou a Madrid a facer "corte e confección", que por aquel entonces era o úneco que podían facer as mulleres. Alí estaba nunha academia rexentada por un matrimonio que un deles era galego. O matrimonio tivo un meniño e quixeron que a Rosita lle fora de madriña porque seica lle tiñan moito aprecio. Con tal motivo fixeron unha foto con todas as rapazas da academia e mais os donos e o meniño, e claro despois a foto ensináronlla aos seus parentes entre eles un primo de Galicia que cando viu a foto deseguida lle pediu a dirección da rapaza aquela (a Rosita) e empezoulle a escribir de tal xeito que ela tamén lle contestaba e así estiveron tres anos. Non se coñecían en persoa pero namoráronse perdidamente, tanto que un bo dia él presentouse en Madrid para vela e aos dous meses casáronse. Estiveron casados sesenta anos, agora Moncho faleceu, pero Rosita conta a historia con grande ilusión.

Tamén estivo moi ben a historia de María, outro día a contarei.


6 comentarios:

El ojo que todo lo ve dijo...

Pero non quedaramos, que en Petin solo traballaban os enhufados do alcalde do PSOE, ou esto era outro chiringuito de Quintana para os enchufados do bloque. Vese mellor a palla en ollo alleo que a viga no propio. En boca pechada non entran moscas. Vamos de nacionalistas, de modernos, de revolucionarios ata qu corre a auga para o noso muiño. Ofir por la boca y por el interes muere el pez.

Son Unha Xoaniña dijo...

Para "el ojo que todo lo ve":
Paréceme que como ti mesmo dis, so estás a mirar a palla no ollo alleo, e de seguro non ves a viga no teu.
Eu nunca necesitei nin do bng nin do psoe nin de ninguén para travallar, como saberás moi ben o meu traballo non depende de ningún partido.
E o do taller de memoria que estou a impartir este ano, tampouco depende de ningún chiringuito do bng, porque como moi bem saberás, o chiringuito ao que te refires, agora mesmo, é do PP. Sen embargo si que depende do meu esforzo, xa que como tamén saberás, que parece que sabes moito, depende do meu esforzo e da carreira de Educación Social que estou a piques de rematar na UNED.
Cando un quere falar e criticar, débeo facer con propiedade, sabendo do que se fala porque sinon ocorre o que ti mesmo dis,"por la boca muere el pez"
Por outra parte, direiche que como non teño nada que ocultar nin nada turbio do que esconderme firmo sempre os meus comentarios, e por iso pódese saber quen fala, mentras que ti escóndeste no anonimato como sempre fan @s cobardes.

El ojo que todo lo ve dijo...

Entonces Petín Sociocomunitario es una actividad altruista y privada de Ofir, sin ningún tipo de subvención.!!!!!!QUE VALIENTE ERES OFIR!!!!!! y el trabajo tampoco tiene nada que ver con la Consellería de Quintana....queda poca gente tan desinteresada como tú. Hablaremos con el Obispo para que el Papa te nombre Beata de la solidaridad popular

Petín Centro Sociocomunitario dijo...

Petín Sociocomunitario é un blog, como podes ver se quitas o estadullo que tes nese ollo que di ver todo.
O blog creeino eu mesma para relatar todo o que me apeteza con respecto ao "Obradoiro de memoria e motricidade para maiores" que é para o que me chamou a Directora do Centro Sociocomunitario de Petín, por iso ao blog lle puxen este título.
Debe ser a esto de "monitora do Obradoiro" ao que ti te refires como ese traballo que me deu o Quintana, bon se a ti che parece que o Quintana pode darme hoxe algún traballo na área de benestar social, a min paréceme que ti debes vivir na inopia.
Quéroche aclara tamén que dou estas explicacións para a xente que poida entrar neste blog, non precisamente para ti, xa que os anónimos non me merecen ningún tipo de consideración nin respeto.

El ojo que todo lo ve dijo...

La selección de personal debió de ser una oposición muy disputada, porque si te llamaron a ti A DEDO, eso no es CACIQUISMO? y si es del Concello entonces no solo enchufan a los del PSOE como decías tú y si es de la Xunta del PP, esos no eran caciques y mangoneaban a dedo y si te nombraron a dedo, como aceptaste tu una demócrata que protestabas tanto?. !!Ofir, quien te escucho y quien te ve!!. No me identifico porque nos vemos a menudo y te enfadarías y no merece la pena enfadarnos, solo escribo esto para que veas que todos, yo el primero, hablamos muchas veces de forma injusta y a todos nos duele cuando nos critican. A pesar de lo que parezca te aprecio.

Petín Centro Sociocomunitario dijo...

Vexo que sigues empéñad@ en que me contrataron para traballar no Centro Social, xa que me coñeces ben, saberás que o meu posto de traballo é na panadería.
O de monitora do "obradoiro de memoria" empeceino a facer este ano, despois de facer as prácticas dunha asignatura da miña carreira, á Directora pareceulle moi interesante o que fixen daquela, e decidiu repetir a actividade.
Para o teu coñecemento, chamáronme doutros Centros para impartir este mesmo obradoiro, pero O MEU TRABALLO DE CADA DÍA, non mo permite.
Por outra parte penso que son bastante consecuente con respecto ao que digo e o que fago, non sei se ti terás a capacidade de selo, seguramente non podes por estar dependendo de que che den traballo no concello.