jueves, 28 de enero de 2010

"A tarta de Moca"


Parece que collemos carreiriña e todos os Mercores ao finalizar o Obradoiro algunha saca unha tarta, ou pasteis, ou bombóns, o que sexa e como somos de bon dente e todos nos vai ben, pois ala a merendar.

Normalmente trátase dunha celebración, cumpleanos ou algo así, pero onte cando a Quinita sacou a tarta de moca, puxémonos a cantarlle o cumpleanos feliz, e ela moi simpática dixo: podedes cantar que me gusta moito, pero non é meu cumpleanos, trouxen a tarta porque si, porque quixen, e a ver se vos gusta. Claro que nos gusta, gústanos todo, sobre todo o que engorda, iso inda nos gusta mais.

Con todas as bromas dixémoslle as de Carballal, a Ita e a Carmen que lles tocaba a elas convidar porque vai ser a Santa Apolonia que é a festa de Carballal, enseguida aceptaron, así que eu xa me resignei e a dieta vai ter que ser todos os días agás os Mercores, claro.

O caso é que ademais de traballar a memoria, pasámolo estupendamente, como debe ser.

miércoles, 20 de enero de 2010

Unha cesta de flores para Rosita.


Pois a cousa non fixo mais ca empezar e xa celebramos outro cumple, esta vez foi o de Rosita, nada menos que 81, case nada. Se lle damos a volta, 18, idade moi importante á que tod@s @s adolescentes queren chegar para alcanzar o estatus da maioría de idade, e supoño que cando un cumple 81 tamén lle había gustar voltar aos dezaoito, se cadra para facer aquelo que non se atreveron porque a época que viviron lles puxo moitos atrancos, tanto económicos como sociais. Pero sobre todo porque os dezaoito marcan o comenzo da xuventude e tod@s quixeran como din elas mesmas volver a ter aqueles aniños pero sabendo o que saben hoxe. Pero claro iso non vale, é trampa, asíque hai que xogar coas cartas que tocan e no momento no que as reparten.

Por iso admiro moitísimo a todas estas mulleres que veñen ao Obradoiro, porque as cartas coas que xogaron no foron doadas, como tampouco o foi o momento no que as tiveron que xogar.
Moitas tuveron que emigrar a outros países para sacar adiante as súas familias, outras quedaron na aldea e traballaron arreo na casa e no campo, cuidaron fillos, maridos e tamén aos animais domésticos, imprescindibeis para poder alimentarse. Non tuveron acceso aos estudos. nin tempo para adicalo a elas mesmas. A súa xuventude rematou antes de comenzar, non como agora que son adolescentes ata os trinta.

En fin que é unha xeración de xente moi sacrificada pero que non por iso perderon a alegría, todo o contrario, siguen con ganas de aprender cousas novas e sobre todo con moitas ganas de vivir e de pasalo ben.

¡Parabéns Rosita!, que cumplas moitos mais e como xa che dixemos, nos que o vexamos.

jueves, 14 de enero de 2010

Empezamos cun cumpleanos.

¡FELIZ CUMPLEANOS, PETRA!
Pois xa estamos de volta.

O Mercores 13 de Xaneiro era a data de comenzo e por suposto alí estabamos tod@s , agás algunha que está con gripe e algunha outra que inda anda de vacacións.

Saudamos efusivamente a Emma, a "Dire", porque tamén se incorporaba ao traballo despois dunhas pequenas vacacións de Nadal.

Fixemos exercicios de orientación espacial e concentración e logo como era o cumpleanos de Petra, invitounos a tomar café, doces e bombóns, así que as que empezamos a dieta o Luns, pois rachamola sen mais a golpe de Mercores, e parece ser que a cousa vai seguir porque xa se anunciaron mais cumpleanos e todas estamos ben dispostas para as celebracións.

Pois ben vidos sexan os cumpleanos, que cas edades que se barallan neste obradoiro ben paga a pena celebralos. Hoxe foi Petra como xa dixen que cumpliu 64 e o próximo e o de Rosita que serán 81, así que como digo paga a pena celebralos.