miércoles, 20 de enero de 2010

Unha cesta de flores para Rosita.


Pois a cousa non fixo mais ca empezar e xa celebramos outro cumple, esta vez foi o de Rosita, nada menos que 81, case nada. Se lle damos a volta, 18, idade moi importante á que tod@s @s adolescentes queren chegar para alcanzar o estatus da maioría de idade, e supoño que cando un cumple 81 tamén lle había gustar voltar aos dezaoito, se cadra para facer aquelo que non se atreveron porque a época que viviron lles puxo moitos atrancos, tanto económicos como sociais. Pero sobre todo porque os dezaoito marcan o comenzo da xuventude e tod@s quixeran como din elas mesmas volver a ter aqueles aniños pero sabendo o que saben hoxe. Pero claro iso non vale, é trampa, asíque hai que xogar coas cartas que tocan e no momento no que as reparten.

Por iso admiro moitísimo a todas estas mulleres que veñen ao Obradoiro, porque as cartas coas que xogaron no foron doadas, como tampouco o foi o momento no que as tiveron que xogar.
Moitas tuveron que emigrar a outros países para sacar adiante as súas familias, outras quedaron na aldea e traballaron arreo na casa e no campo, cuidaron fillos, maridos e tamén aos animais domésticos, imprescindibeis para poder alimentarse. Non tuveron acceso aos estudos. nin tempo para adicalo a elas mesmas. A súa xuventude rematou antes de comenzar, non como agora que son adolescentes ata os trinta.

En fin que é unha xeración de xente moi sacrificada pero que non por iso perderon a alegría, todo o contrario, siguen con ganas de aprender cousas novas e sobre todo con moitas ganas de vivir e de pasalo ben.

¡Parabéns Rosita!, que cumplas moitos mais e como xa che dixemos, nos que o vexamos.

No hay comentarios: