Algunha das disfrazadas non soupen quen era, ando a procura de averigualo.
miércoles, 24 de febrero de 2010
As fotos do Carnaval
Pois si, aquí están, é unha pequena mostra e hai un pouco de todo como podedes ver.
Algunha das disfrazadas non soupen quen era, ando a procura de averigualo.

Algunha das disfrazadas non soupen quen era, ando a procura de averigualo.
martes, 23 de febrero de 2010
A festa de Carnaval

O Mercores pasado non puden asistir ao Obradoiro porque estiven moi agripada, había ser de seguro a resaca do Carnaval.
Gustaríame ter fotos da festa de disfraces que se fixo no Centro Social, estivo moi animada. A ver se o Miguel, un dos traballadores do centro, me pasa as fotos e as colgo aquí-
Eu tamén me disfracei, a que non se disfrazou foi a Emma que seica non lle gusta moito esto do Carnaval. E a que tampouco se disfrazou foi a Isabel que a pesares de ser unha moza ben nova, non se animou co disfrace, e iso que ela para as festas é moi animada e non falta. Isabel, a próxima non veñas sen disfrazar.
Estaba moi guapa a Mercedes de Mones, gustoume porque era un disfrace "made in feito na casa", ou sexa que se pon un o que vai atopando pola casa, e que ao fin son os mellores disfraces. Deste xeito ía tamén disfrazada a Aurora (filla da Felisa) parecía como de viuva leda, pero ao seu xeito , tamén moi divertida.
Houbo tamén máscaras que non se descubriron en toda a tarde, e que inda hoxe eu non soupen quenes eran, pero a cousa como digo estivo divertida.
Mañá temos cursiño e a ver si están as fotos.
Xa contarei.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)