miércoles, 31 de marzo de 2010

Benvida Josefa!!!


Ten que nos explicar os sitios todos que visitou, que Sevilla é unha cidade moi fermosa.
Pois si, démoslle a benvida a Josefa que estivo pasando unhos mesiños coa sua filla en Sevilla.

Xa tiña ganas de volver, e nos de tela por aquí.

Para celebralo como non, trouxo duas tartas feitas por ela, unha de mazá e outra de "cabello de ángel" e noces, estaban como xa imaxinades boísimas.

Ando algo retrasada co blog así que contareivos tamén que estas duas últimas clases non houbo ningún cumpleanos ni tampouco outra celebración, a única novidade é que a "dire", Emma non asistiu, por terem asuntos persoais que resolver, botámola de menos, sobre todo porque é unha charlatana e alporízame a todas as que ten ao seu arredor, que claro falan todas ao mesmo tempo e non nos entendemos.

Por certo, hoxe pedínlles que contaran algunha lenda daquelas que se contaban nas aldeas, que fixeran memoria que para iso estamos neste obradoiro, e sairon varias que xa outro día irei contando, non faltou a dos "cochofellos" que xa é un clásico.

No hay comentarios: