
Esta semana non tuven tempo de vir por aquí e non contei nada do acontecido o pasado mércores, e non quería deixar pasar a semana sen contar que foi moi especial, porque de novo celebramos un cumpleanos, e desta vez foi o da máis nova de todas, Isabel, que cumpliu coarenta aniños, ao carón de todas as demais, resulta unha cativiña.
Parabén Isabel, que cumplas moitos máis e que sigas así de boa xente como eres. Porque Isabel fai algo moi especial que non facemos en xeral casi ninguén, cada semana visita as residencias de anciáns e pasa un ratiño con eles, xogando as cartas, van ela e a súa nai Emilia, e adincánlle a esto varias tardes a semana, xa que hai varias residencias. Sei de boa tinta que a queren moito e que están desexando a súa visita.
Nos tamén te queremos Isabel, eres unha moza fermosa, sobre todo por dentro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario