
O próximo Mercores día 26, rematará o "Obradoiro de Memoria e Motricidade para maiores"
Inda que o verdadeiro punto final será o vindeiro 18 de Xullo, no que faremos unha comida de despedida, e na que se dará entrega dun diploma a cada unha das participantes, pola súa asistencia.
(De seguro haberá tamén algunha outra sorpresa).
Pola miña parte teño que agradecer a todas as participantes a súa magnífica disposición en cada unha das actividades que lles propuxen, a súa ledicia e o cariño co que sempre me trataron.
Por suposto o meu agradecemento tamén para a Emma a Directora do Centro, por contar conmigo para realizar esta actividade, que supón para min un paso adiante nos meus estudos de Educación Social.
A comida será no "Aguillón", haberá empanadas de carne e bonito, e tarta de mazá feitas na panadería de Petín, e seguramente algún que outro postre que traerá algunha das participantes.
Eu mesma ei facer o tiramisú que é a miña especialidade.
Bicos para toda@s, e ata o vindeiro curso.