
O Mércores pasado propúxenlles unha actividade para facer na casa, tratábase de traer escrita unha receita de cociña, cos seus ingredientes, e o xeito de facela.
Estivo ben a cousa, porque unha delas, a Blanquita traía a receita do "Brazo de gitano" pero a parte de traela escrita e moi ben detalladiña, traía o doce feito e non quedou mais remedio que comelo xunto cun cafeciño que nos serviu o Pepe moi amablemente. Estaba boísimo e xa quedamos para outro dia facer unha festiña destas de comer.
E como non se pode dar puntada sen fío, despois pedínlle que cada unha explicara a súa receita e tamén que explicaran a receita de outra, así, e de xeito divertido, traballamos a memoria inmediata.
Fixemos tamén outros exercicios que non detallarei, nos que traballamos a concentración e a orientación espacial.
Son sempre exercicios sinxelos, diseñados e pensados para facer coa xente maior.
2 comentarios:
Olliño co tema das receitas de cociña; que -entre que se achega o tempo das matanzas e, por ende, das papanzas...- despois imos coller uns quiliños de máis!!!
Parabéns pola iniciativa e, sobre todo, por agasarllarnos a todos coa posibilidade de saber o que ides facendo.
Unha aperta dende Antas
Minha bela, estou de dieta!!!
rrrsss
Bicos.
Publicar un comentario